top of page

O CENTRO | Centro Oficial

A Orde do 13 de maio de 2011 e publicado no DOG Núm. 104 do 31 de maio de 2011, autoriza a inclusión da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia baixo o código do centro 15032753.

 

A Escola Municipal de Música Magariños acada así a avaliación de conformidade cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

 

O centro cumpre deste xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballando con moito éxito. O centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación que repercutirá na calidade do servizo prestado dende a Escola e, en definitiva, nos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños.

DOG nº 104 do 31 de maio de 2011

Escola Municipal de Música Magariños
Av. Santa Minia, 70
15865-Brión (A Coruña)

España

  • Facebook App Icon
  • Instagram Social Icon
  • Google+ Social Icon
  • Twitter App Icon
DepCor_cor_vert.png

© 2022 ESMU Magariños 

 

Centro subvencionado pola Diputación da Coruña

bottom of page