top of page
Search

Aberto a Nova Admisión de matrículas na Escola Municipal de Música Magariños para o curso 2022/2023

Para novas inscricións o prazo de matriculación abriuse o 13 de xuño ofertándose para o próximo curso, entre outras materias, formación musical para alumnos de 3 a 7 anos como ademáis de formació

n instrumental a partir de 8 anos.


Ata o 15 de xullo permanece aberto o prazo de Nova Admisión de matrículas na Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión para aquelas persoas que non foron alumnos durante o curso pasado. A matrícula de Nova Admisión pódese facer de forma presencial en Secretaria da Escola Municipal de Música Magariños en horario de 9:00 a 14:00 horas.


A oferta formativa da Escola Municipal de Música Magariños inclúe formación en instrumento para idades de 8 anos en diante cunha materia principal, como ademáis de formación complementaria e agrupacións instrumentais segundo a especialidade. Para menores de 8 anos coa opción de Música e Movemento para alumnado de 3 e 7 anos.


Os prezos son tres cotas trimestrais segundo o nivel académico e regulado pola Ordenanza Fiscal 20-PP que estipula as actividades de ensinanzas musicais.

77 views0 comments

Escola Municipal de Música Magariños
Av. Santa Minia, 70
15865-Brión (A Coruña)

España

  • Facebook App Icon
  • Instagram Social Icon
  • Google+ Social Icon
  • Twitter App Icon
DepCor_cor_vert.png

© 2022 ESMU Magariños 

 

Centro subvencionado pola Diputación da Coruña

bottom of page