top of page
Search

Arrincará o curso 2021/2022 cun protocolo actualizado de medidas de seguridade fronte á COVID-19

A Escola Municipal Música Magariños do Concello de Brión comezará o novo curso 2021/2022 seguindo un protocolo actualizado de medidas de seguridade fronte á COVID-19. Medidas que se tiveron en conta todo o levado a cabo no curso anterior como as novas recomendacións das autoridades sanitarias.

Así, empezaran as clases en todas as disciplinas e en todas as especialidades, tanto as teóricas como prácticas. Para o mes de outubro está previsto o inicio das clases para as agrupacións instrumentais.

Durante estos meses estase a traballar intensamente en adaptar as medidas da Escola ás necesidades e protocolos da normativa vixente respecto a a pandemia cambiante. Así mesmo, estivéronse estudando as características especiais de cada tipo de ensino, reducindo os cocientes das clases grupais e reforzando a limpeza do centro para renovar as clases da forma máis segura para todos.


Unha das medidas máis importantes que se adoptaron é que as clases das materias grupais, tanto de música e movemento o linguaxe musical, finalizarán cinco minutos antes da hora programada, a efectos de facilitar a ventilación, desinfección e limpeza de aulas.



Gardar a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros, ou o uso obrigatorio de máscaras a partir dos seis anos, son outras das normas que recolle este protocolo de medidas. Neste compendio tamén se expoñen as diferentes pautas de hixiene, tanto a nivel persoal como das instalacións, así como a sinalización de entradas e saídas para o movemento dos alumnos, ademais doutras normas de prevención a ter en conta.


Este protocolo de actuación pódese consultar en Escola Municipal de Música Magariños no seguinte ligazón MEDIDAS FRONTE Á COVID-19 PARA O CURSO 2021/2022.


27 views0 comments

Comments


bottom of page